25/07/08
16/07/08
A D. Manuel de Arcos, natural de Galicia y vecino de Madrid
Se pudera darche os tranchos
que eu sin dentes mamo acá,
meu Arcos, ben craro está
que che virían moi anchos.
Por alá componse os panchos
de menestra, ensaladiña,
sorbetes e garapiña;
mais eu, posto en donde estou,
por canto hai alá non dou
o rabo dunha sardiña.
que eu sin dentes mamo acá,
meu Arcos, ben craro está
que che virían moi anchos.
Por alá componse os panchos
de menestra, ensaladiña,
sorbetes e garapiña;
mais eu, posto en donde estou,
por canto hai alá non dou
o rabo dunha sardiña.
Resposta do Cura de Fruíme (Diego Antonio Cernadas e Castro) a D. Manuel de Arcos tras o seu comentario de que en Galiza comíase fatal, e en Madrid todo eran manxares.
Escrito por
Fiach dubh
ás
13:24
0
comentarios
Etiquetas: Lira
14/07/08
Unha nova especie?
Señoras e señores!!! nenos e nenas!!
ante vostedes vai a aparecer a novena marabilla do mundo!!!
Máis impactante que as Pirámides de Gizah, máis asombroso co mítico Coloso de Rodas, ...!!!
Ante vostedes e en primicia!!! O primeiro especimen atopado do gato tartaruga!!!

Pero non crean que é tan raro o especimen, non; parece que ás Rías Baixas xa están chegando uns cantos ...:

19:29
0
comentarios
Etiquetas: Félidos
04/07/08
Di que si, oh!
Eu sempre escoitei iso de que non usábamos máis do 10% do noso cerebro ...

Pero iso de usar o 10% do cerebro doutro debe ser moi grave si ... Estará contemplado na lei o adueñarse do potencial cerebral dos demais? Ou é que existe unha mente universal colectiva? Que errado ía Jung con iso do inconsciente...

00:24
1 comentarios
23/06/08
A estrela non se move
Podo entender a certos "galeguistas" cando din que na bandeira en vez da estrela debería aparecer o escudo de Castelao, símbolo nacional do pobo galego (pero que foi creado para substituir o escudo do cáliz e non como simbolo nacionalista).Podo entedelo, aínda que nin o comparto nin creo que teñan razón xa que se basean en que a estrela é un símbolo comunista e eles non o son, e debería ser substituído por un símbolo da galeguicidade.
Podo entendelo ata certo punto aínda que parten dunha premisa equivocada.
O que non podo entender é que me veñan estes pipiolos querendo cambiala por unha estrela azul... é ridículo.
A ver se queda claro; a estrela non está na nosa bandeira por comunismo, non de ser así o que habería sería unha fouce e un martelo. A estrela vermella representa a independencia, a revolución fronte ó establecido, a submisión a Castela. É un símbolo da loita nacionalista e por tanto non debería desaparecer pese a quen lle pese. É como se da bandeira republicana hespañola quitaran o morado porque queda moi antigo...
Escrito por
Fiach dubh
ás
23:52
0
comentarios
Etiquetas: Actualidade, Raiada
20/06/08
Para cando unha Eurocopa coas nacións oprimidas?
Nestes días no que toda Europa vibra co bote dun balón, e nos que cidadáns de 16 paises sofren ataques de exaltación patrios; os habitantes das denominadas nacións sen estado temos que aguantarnos sen poder gozar plenamente da festa. E por que ten que ser así ? nunha Europa que presume de liberdade e igualdades en todo o seu territorio e en todos os seus habitantes, por que algunhas nacións debemos quedarnos fóra destes eventos?Xa é hora de reivindicarnos non so por separado senón tamén en conxunto aínda que sexa cun evento deportivo. Por que non unha "Eurocopa minoritaria"? Por que a outra Europa agachada nos 50 estados recoñecidos tamén existe.
Nota: quen queira ver con máis claridade o cadro das nación pode ir a este enlace, ou para máis información deles a este outro
Escrito por
Fiach dubh
ás
23:02
0
comentarios
Etiquetas: Actualidade, Raiada
14/05/08
Todos deberíamos ter unha MJ na vida!!
Recoñezámolo, Peter Parker é un pobre paria ó que sempre lle sairá todo mal, pero neste caso si é certo que lle tocou a lotería!
Coma nós non somos uns pringados como Parker, pero seguramente tampouco nos toque a lotería cunha muller como MJ... deberemos, pois, contentarnos con esta estatuilla que tampouco está tan mal ou non?

Apuntarei por último, que podo entender porque as feministas americanas se queixaron ó ver a estatua, pero aínda así deberían botarlle unha ollada ós comics do trepamuros onde o explotado non é precisamente a muller . . .

20:59
2
comentarios
Etiquetas: Frikada
Subscrever:
Mensagens (Atom)